O pasado 22 de xuño celebrouse a tradicional sardiñada de Tanxedoira.
Este ano ubicouse novamente na praza anexa ao noso local, onde se deron cita diversos amigos e amigas de Tanxedoira.
Despois de finalizar a Asamblea, e grazas a Manolo, Luis e Moncho, que prepararon as sardiñas, o churrasco e o polo para os grandes e o máis pequenos, demos boa conta dun exquisito manxar, mistura de mar e terra, como a mistura que conforma a diversidade de persoas que formamos a familia Tanxedoira.
Unha vez rematado, mentres os máis pequenos xogaban pola praza, os maiores estaban arredor das mesas (por non haber lareira) a contar contos.
Só faltou, dado que eran horas “elevadas”, facer algún dos cantos tradicionais tan típicos das nosas festas. Outra vez será.
Tan só me resta desexarvos a todos e a todas un bo verán e que carguedes as pilas para o vindeiro curso. FESTAAAA.
Jorge López Vilariño