O
pasado seis de outubro tivo lugar a tradicional comida de curso da
asociación. A nosa mundialmente coñecida como “comida del traje”: Yo
TRAJE croquetas, yo TRAJE tortilla, yo TRAJE empanada… Entendédesme, non
si?
Pois
iso. Este ano os “trajes” foron moi variados e puidemos desfrutar de
pizzas e empanadas caseiras, ensaladas rusas, tortillas, morcillas de
Burgos, embutidos variados e… percebes! Si, tal e como o ouvides! O ano
pasado houbo mexillóns e este ano PER-CE-BES!
E,
por suposto, todo un surtido de postres: tartas de queixo, biscoitos e
froita para os máis sanos, que non todo van ser calorías.
Despois
de desfrutar da comida, Chus e unha servidora estivemos tocando un rato
a guitarra (a falta de David, nós fixemos o que puidemos, verdade,
Chus?) e a xente, timidamente, cantou un pouco.
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
Leticia Riestra.