28 oct 2018

Excursión cultural comezo do curso o 20/9

Excursión cultural comezo do curso o 20/9.
Ola a todos e a todas. Vouvos contar o día tan bonito que pasamos na excursión que fixemos neste inicio de curso. Tiñamos a saída para as nove da mañá, mais xa sabedes que sempre hai quen queda durmido. Pero iso é o de menos.
 
Saímos cara Padrón e, como non, para despertar, tomamos un café con churros para comezar o día. Así, o primeiro que fixemos foi visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro. Para moitos era a primeira vez que a visitabamos e encantounos, cos seus xardíns e as súas camelias de distintas cores. Eu, nese contexto, non podía deixar de imaxinar o como tería sido aquel xardín en tempos de Rosalía. Ademais, puidemos ver a casa moi ben conservada co seu encanto literario. A verdade é que ficamos moi felices de visitar ese lugar.
 
Continuamos hacia Poio e quero que vexades que sorte: recibiunos un dron no mosteiro de San Xoán. O motivo era porque había unha voda con xente moi elegantentemente vestida. Nós, pola contra, estábamos moito máis cómodos na nosa roupa e, sobre todo, co noso calzado. Con este contraste mezclámonos entre os convidados e visitamos o mosteiro, do que gostamos moito.
 
Logo saímos cara Combarro. Tamén tivemos moita sorte nesta ocasión, xa que había unha feira medieval. E entre a música e o vestiario de época sentímonos moi a gusto e buscamos un sitio onde xantar. Non nos custou moito, xa que había un moi bo ambiente. Outras persoas que foron á excursión levaron un taper. Todos pasámolo estupendamente.
A media tarde fomos até A Lanzada, unha Praia moi grande e moi bonita. Mais como baixou a néboa tivemos que trocar o bañador pola chaqueta. Alí tivemos a oportunidade de visitar a ermida de Nosa Señora da Lanzada e un castro que está no mesmo lugar e que recibe o mesmo nome.
 
Ao regreso fixemos un alto no local de Tanxedoira para dar conta dos restos que traiamos no taper de volta. A verdade é que nos puxemos morados e así pasamos un día estupendo en moi boa compañía e cantando as nosas cancións de sempre. Estamos esperando xa ir á seguinte excursión.