O
pasado sábado 17 de novembro cumpríronse moitos soños: soños de moitos
anos de esforzo e traballo; soños de moitas persoas de que se lles
recoñeza a paixón por facer desfrutar os espectadores; soños de
representar no lugar que merece tanto amor polo benestar alleo. Mais
sobor de todo, o soño dun director involucrado até as orellas en que o
seu grupo teña o recoñecemento mediático que merece.
No
espectacular Centro Sociocultural do Ágora, xuntáronse máis de 300
persoas para desfrutar dunha impresionante representación da zarzuela
Agua, Azucarillos y Aguardiente, levada a escena polo grupo de Teatro e
coa inconmensurábel axuda do Coro e a Escola de Danza Carmen.
Foi
unha tarde de moitos nervios e concentración entre os máis de 30
integrantes subidos ás táboas, mais grazas á marabillosa dirección de
Jesús Garcia e a inestimábel axuda na sombra de Chus, a representación
saíu tan ben que arrincou gargalladas e aplausos ao longo de toda a hora
que durou a obra e cos espectaculares números musicais que se
interpretaron. Mais o colofón foi desfrutar dese inmenso aplauso final
con todo o publico asistente posto en pé.
A
ilusión de formar parte de este marabilloso elenco fainos soñar en
grande. Así que agora só nos resta continuar a poñer gañas, esforzo e
máis ilusión aínda para seguir a demostrar que en Tanxedoira... OS SOÑOS
CÚMPRENSE!!
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
María Pilar Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario