Si, aínda que non o o creamos son xa 41
anos de esta nosa Asociación.
O
27/04/2019 comezaron os festexos do Festival
XLI Aniversario xa ben cedo. Os compoñentes do coro ás 10:30 da mañá
xa estabamos no C. Cívico dos Mallos para ensaiar as cancións que iamos
cantar pola tarde no festival.
Despois o ensaio de Rondalla, que rematou
máis ou menos sobre as 13:00.
Comeza
o Festival. Nervios. Ensaio de todos
os grupos para quentar as voces e os instrumentos. Como en todos os
espectáculos, antes de comenzar hai moitos nervios e carreiras para ter
todo a punto.
TELÓN ARRIBA
Érguese o telón e… ABARROTADO! Incríbel.
Grazas a todos e a todas por asistir. Isto anima aos grupos a seguir traballando.
Os grupos que actuaron:
Coro Tanxedoira. Director: David Loureiro.
Cantaron:
Siyahamba.
El valle del Cañete.
Aria Agraria.
DAVID, que paciencia tes con nós!! Grazas.
Pandeiretas de Tanxedoira. Directora: Cristina
Sagra. Tocaron e cantaron:
Maneo de Cabaleiros.
Ribeirana de Aboal.
Jota de Oroso.
Coro
Xoven da Esmu Pepe Valiña e a coral
Xan Mella. Dra.:Tatiana Pankratova. Presentaron un programa a base de
temas pop, cantigas, habaneras e música sudamericana, acompañados polo
pianista Pablo Queiro. A petición do público tiveron que cantar outra
canción, xa que os aplausos non pararon até
que comezaron a cantar unha canción en ruso que se titula: KATIUSHA.
Moi bonita!
Teatro:
Dr. Jesús. Aquí tivemos un pequeno
percance. Enfermou unha das protagonistas e non puideron facer o que
tiñan previsto. Pero o director de teatro ten solucións para todo e el
mismo arremangouse para facer un número sobre a guerra, tal cal o facía o
mestre deste xénero: o Sr. GILA. Que risas
entre o público! Debería facelo máis a miúdo! Faino moi ben.
Srta. Marta Méndez:
Unha rapaciña que ten unha voz espectacular
e que nos deleitou cantando a bonita canción LELA.
Aplausos dos bos. Como canta a nena!
Rondalla Tanxedoira. Dr. David Loureiro.
Tocaron:
Bonnie and Clyde.
El Vuelo del Cóndor.
When I´m sixty-four.
Danza de Albarellos. Esta última a petición
do público, que no quería que rematara a festa.
FIN DO FESTIVAL
Dase fin ás actuacións faciendo entrega
duns detalles para os participantes.
Non
me esquezo dos presentadores Carmen
e José Luis. Fantásticos! Superando os erros do micrófono como mellor
podían facelo, con HUMOR, que para iso son de teatro e saben improvisar.
Unha
vez finalizadas as Actuacións, todos
os participantes dirixímonos á Igrexa de S. Luis de Gonzaga, onde
tomamos un pequeno picoteo e uns refrescos. E, coma sempre, todos xuntos
cantamos as típicas cancións das festas. Grazas.
Non
quero deixar de dar as GRAZAS a Don
Manuel, párroco de S. Luis de Gonzaga, que nos cedeu o local onde
tomamos os petiscos e a J. Antonio, que colaborou con nós de maneira
exemplar.
Xa falta menos para o XLII ANIVERSARIO!
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
Maxi García