Din que o meu é puro teatro... e é certo,
pouco se equivocan!
Aínda que eu non o fago, non podo evitalo:
o teatro corre polas miñas veas.
O meu nome é Susana e son a filla de dous
grandes artistas.
Os que puidestes asistir ao encontro do
17 de maio no Centro Social Sagrada Familia xa comprobastes que o salón de actos estaba completamente CHEO.
Ás
19h o grupo de teatro Tanxedoira abría
o telón e encandilábanos a todos e a todas cos seus “Recuerdos de
zarzuelas”. En concreto, vimos tres fragmentos de tres obras que para
min xa eran coñecidas, mais aínda así non me canso de ver:
- La Dolorosa
- La tabernera del puerto
- Agua, azucarillos y aguardiente
Desde o patio
de butacas desfrutamos ao máximo: risas e algunha que outra bágoa. E é
que as zarzuelas, para min son o recordo da infancia. Alén disto, o
poder ver os meus pais xuntos, sobre o escenario,
compartindo miradas, complicidade e bailes, foi unha moi grata
sorpresa, que aínda me emociono agora que o lembro.
Por
suposto, gustaríame AGRADECER e FELICITAR
a todo o Grupo de Teatro Tanxedoira, non só polo seu grande labor e
posta en escena, se non tamén polo traballo que hai detrás, algo que,
moitas veces, non é visíbel: horas para preparar o escenario, vestiario,
música, memorización dos guións, ensaios e...
máis ensaios!
Vese
de lonxe a dedicación deste grupo
de persoas e as horas de empeño para que todo saia ben. Conozo moi ben,
e de preto, a todo o elenco: GRANDES artistas e MELLORES persoas.
Vamos, que me declaro fan incondicional de todas e todos eles.
Vémonos na próxima. Unha aperta e, con
perdón... moita merda!
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
Susana García.