4 jun 2019

Comida Grupos Artísticos

Día 2/6/19. Hora 14. Todas e todos fomos chegando e incorporándonos ao comedor Hotel Eurostars (o antigo NH Atlántico, que igual soa máis) para, ao igual que outros anos, celebrar o xantar dos Grupos Artísticos xunto a familiares, amigos e simpatizantes, todos integrantes da nosa querida e entrañábel Asociación Tanxedoira.
Talvez asistimos menos dos que desexariamos ter ido, mais as circunstancias moitas veces condiciónannos.
Non obstante, e coma sempre, o espírito de confraternidade e de compartir momentos agradábeis que nos caracterizan presidiron o xantar.
Ao se tratar dun buffet, cada persoa, dentro do que había dispoñíbel, puido elixir o que mellor se acomodaba aos seus gustos. Ben, mais os callos podían picar un bocado máis, aínda que sobre gustos...
Sobremesa de charla, aínda que quizais botamos algo en falta algo que sempre nos acompaña aló onde imos: un pouco de música. Mais, en fin... outra vez será!
Así que, até a próxima reunión en que volvamos ter a ocasión para estar xuntos e xuntas e poder desfrutar da compañía e a integración na nosa benquerida familia de tanxedoiros e tanxedoiras.
 
Grazas!


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

 Manuel Riestra

No hay comentarios:

Publicar un comentario