A
chegada das estacións máis luminosas animan, en maior medida, a abrir
os corazóns das xentes, e até as propias organizacións reciben de bo
grao aquelas posibilidades de ofrecer aos seus colectivos actividades
encamiñadas ao entretemento e goce.
Pola
súa banda, Tanxedoira sempre está disposta a colaborar coas
organizacións que llo solicitan, e, de maneira especial, con aquelas
que están abertas a persoas con diferentes realidades ou diversidades.
Ambas
as dúas circunstancias fixeron posíbel o dar respostas a diferentes
solicitudes que demandaban a participación dalgúns dos diversos grupos
que ten a asociación. Así, o 24 de maio o grupo de Cantos Populares
actuou en Cáritas da Sacra Familia, sentíndose ben
acollido (como é costume) nas súas visitas ás súas instalacións. Tamén o
día 31 do mesmo mes, o grupo de Cantos Populares desprazouse até o
Centro Cívico da Cidade Vella, alegrando a tarde ás persoas alí
presentes, as cales agradeceron a actuación. Continuando
coas súas colaboración, o día 8 de xuño, Tanxedoira desprazou até o
centro de maiores DomusVI de Oleiros ao seu grupo de Cantos Populares,
centro que, o día 9 de xuño, tamén puido gozar da presenza do Grupo de
Teatro, que representou a obra Agua, azucarillos
y aguardiente. En ambas as dúas actuacións os asistentes mostraron o
seu agradecemento con afectuosos aplausos. Finalmente, o coro participou
na celebración das comuñóns que se realizaron os días 23 de xuño e 7 e
25 de xullo na parroquia Resurrección do Señor.
Tanxedoira