17 jul 2019

Actuacións de Tanxedoira

A chegada das estacións máis luminosas animan, en maior medida, a abrir os corazóns das xentes, e até as propias organizacións reciben de bo grao aquelas posibilidades de ofrecer aos seus colectivos actividades encamiñadas ao entretemento e goce.

Pola súa banda,  Tanxedoira sempre está disposta a colaborar coas organizacións que llo solicitan, e, de maneira especial, con aquelas que  están abertas a persoas con diferentes realidades ou diversidades.

Ambas as dúas circunstancias fixeron posíbel o dar respostas a diferentes solicitudes que demandaban a participación dalgúns dos diversos grupos que ten a asociación. Así, o 24 de maio o grupo de Cantos Populares actuou en Cáritas da Sacra Familia, sentíndose ben acollido (como é costume) nas súas visitas ás súas instalacións. Tamén o día 31 do mesmo mes, o grupo de Cantos Populares desprazouse até o Centro Cívico  da Cidade Vella, alegrando a tarde ás persoas alí presentes, as cales agradeceron a actuación. Continuando coas súas colaboración, o día 8 de xuño, Tanxedoira desprazou até o centro de maiores  DomusVI de Oleiros ao seu grupo de Cantos Populares, centro que, o día 9 de xuño, tamén puido gozar da presenza do Grupo de Teatro, que representou a obra Agua, azucarillos y aguardiente. En ambas as dúas actuacións os asistentes mostraron o seu agradecemento con afectuosos aplausos. Finalmente, o coro participou na celebración das comuñóns que se realizaron os días 23 de xuño e 7 e 25 de xullo na parroquia Resurrección do Señor.



Tanxedoira

No hay comentarios:

Publicar un comentario