O
día 6/10/2019 tivemos unha xuntanza na
nosa asociación Tanxedoira. E digo na nosa porque me fixeron sentir
unha máis desde o primeiro minuto. Por iso, antes de contarvos todo o
que fixemos neste día, quero darlle as grazas a todos e cada un dos
compoñentes da asociación.
Ben
a comida foi denominada como "de traje"
(pronto entenderedes o significado do nome). Pois estaba programada
para as 14:00. Comezou a chegar a xente e cada un dicía: “traje
tortilla”, “traje empanada”, “traje ensalada de pasta”... e, de aí o de
comida "de traje". Cada un trouxo unha cousa. Como
poderedes imaxinar en menos de media hora aquelas catro mesas estaban a
rebentar: tortillas, ensalada de pasta, ensaladilla, nuggets, pastel
(non recordo de que), patés, patacas, olivas, rixóns ect. E para non
ser menos outra mesa chea de sobremesas: arroz
con leite, biscoitos varios, tarta de queixo normal, con arandanos,
tarta de obleas e nocilla, froita e máis cousas.
Despois dunha
pedazo comida con xente marabillosa, a nosa presi Leti, que por certo e
xenial, pediulle a David que tocase a guitarra e ambos os dous
comezaron a amenizarnos con cancions de Raphael,
A Carolina, Sarandoga etc. E comezamos a bailar... Olga, Py, Susana e
outras compis marabillosas animáronse tamén. E porque Manolo (que creo
que así se chamaba) acababa de irse, que se non ninguén o libraba de
bailar unha repichoca conmigo. Un home moi agradábel.
De súpeto, da nada saíu o son dunha gaita tocada por un señor moi
simpático, que non tiven o pracer de coñocer persoalmente.
Ben e despois de bailar un pouco funme
coa miña amiga Luci porque tiñamos outro compromiso.
A
verdade é que marchamos cun bo sabor
de boca polo ben que o pasamos. E agardamos que xa pronto fagan outra e
anímovos a todas as persoas da asociacion que non viñestes desta volta a
que vos animedes para a próxima. Asegúrovos que se pasa moi ben e a
xente é espectacular.
Simplemente grazas a todos e a todas, moi
especialmente a Leti e a Py, que é marabillosa. Bicos.
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
Isa