3 nov 2019

Festa do Samaín

Calquera excusa é boa para pasar un bo rato cos amigos e a familia. En Tanxedoira, non precisamos excusas para reunirnos, comer, cantar e pasar un momento agradábel.
Celebrar o magosto, pois, non é unha excusa: é unha razón de peso.

Chegamos ao local e o cheiro das castańas asadas xa quencía a atmósfera. Comezan a forxarse moitas conversas tan interesantes que xa non de sabe a cal delas xuntarse. 

Se as risas e a manduca non abondasen, de súpeto organízase o karaoke: mozos e non tan mozos soltan a melena e dano todo... pero todo, to-do... Organízase unha timba de tute nunha mesa, aínda que é difícil cantar as corenta con tanto barullo.

Unha tarde en boa compañía é un verdadeiro tesouro. E o bo libro di que onde queira que estea o teu tesouro tamén estará o teu corazón. Grazas, Tanxe, xa que vos estades a colar neste pequeno corazón


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

Isolina Rodríguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario