Nin
o COVID-19 nin a corentena evitaron que en Tanxedoira houbese algúns
membros que se conectasen a
través de Internet. Así foi o caso de alguns compoñentes da rondalla
que, utilizando a aplicación Zoom, puideron realizar unha
videoconferencia o día 29 de marzo, demostrando unha vez máis a boa
sintonía que existe no colectivo.
5 abr 2020
Laconada 2020
E máis un ano chegou a nosa típica laconada de Entroido... E xa había
gañas de se xuntar con todos e todas e pasar unha comida e unha
sobremesa en familia con Tanxedoira. Sobre todo porque o ano pasado xa
perdera de ir, así que sí: xa había gañas.
Este ano fixémola no mesón A Chispa, onde xa tiñamos ido en ocasións anteriores, mais onde nunca tiñamos feito unha laconada. E, a verdade, a min, persoalmente, gustoume moito.
Tardaron un pouco en servir ao principio... De feito estaban case todos comendo menos eu, que estaba a esperar polos chourizos para acompañar os meus grelos. Porén, foi todo tan abundante que até sobrou. E estaba todo súper rico.
Despois, para seguir, David e Jesús puxéronse coas súas guitarras.
Ben... minto! Jesús púxose coa súa guitarra, porque... David rouboume a
miña!
E coido que o estaban a pasar ben até os rexentes do mesón, poroque
cando decidimos marchar, xa case preto das 18h, dixéronnos que podiamos
quedar todo o tempo que desexásemos. Haberá que Loagardar á próxima
ocasión para volver pasar unha xornada tan divertida.
Leticia Riestra
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
29 mar 2020
Carnavales nos ensaios
Todas
as oportunidades son boas para desfrutar dun día de festa. E tal é así,
que, o día 29 de febrero,
con motivo dun ensaio da rondalla, os seus compoñentes e as persoas
acompañantes, montaron unha pequena troula ao finalizar o traballo,
onde, alén, non faltaron os disfraces. Que non se perda a ledicia!
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
21 mar 2020
Teatro no Centro Civico do Castrillón coa obra "Robar y jugar"
Sábado, 15 de febreiro de 2020, ás 18:30h no Centro Cívico de
Castrillón. Con nervios (moitos) e gañas de pasalo ben, levamos a cabo a
representación da obra Robar y jugar. E digo o dos nervios, porque para algunha era a súa primeira representación en
público.
Mais o esfuerzo de tantos ensaios deu os seus froitos e abofé se saíu.
Bordada! Fluída e continua, como no podía ser doutro xeito.
Todas as persoas que alí estabamos (actores, actrices e público)
desfrutamos, sobre todo os últimos, que se divertiron “de lo lindo”
vendo as fedelladas dunhas nenas e os apuros dos ladróns para intentar
“expropiar" algo nunha casa de "pata negra". Alén disto,
o servizo estaba un poco cansado xa de tantos marqueses e marquesiñas.
Tan ben o estaba a pasar o público, que la obra axiña lles pasou nun
plis-plas. De feito, algúns até pensaron cuando rematou a obra que aínda
era o descanso.
FELICITACIÓNS (así, con maiúsculas) para todos os actores e atrices por
el rato xenial que pasamos. E, por suposto, a Jesús (o noso DIRE), polo
seu bo facer e aguante para conducirnos e facernos chegar a bo porto con
todas as obras que o Grupo de Teatro Tanxedoira
repesenta cos mellores ánimos, gañas e intencións. E todo isto,
ademais, para que cada día o nome da Asociación Cultural TANXEDOIRA sexa
un bocadiño máis coñecida en todos os ámbitos.
Saúdos.
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
Manolo Riestra
Chocolatada
Un ano máis reunímonos en Tanxedoira para tomar unha deliciosa chocolatada. Non son os churros, non
é o chocolate: é a compañía de todos os asistentes o que fai que sexa unha tarde diferente, agradábel e amena.
A
pesar de que este ano non foi tan concurrida coma outras veces,
anímovos a todos e a todas a que asistades para a seguinte reunión,
sobre todo os socios novos:
repetiredes seguro.
Xa sabedes que non falta de comer nin de beber, boa
música, partidas de cartas, xogos de mesa (faltan as apostas, mais esas
non están permitidas, de momento!) e risas.
Este ano tivemos máis
cativos e sempre é motivo de ledicia contar cos
seus berros e coas súas carreiras, a fin de contas son os que manteñen
nova a familia Tanxedoira.
Sylvia Buituron
18 ene 2020
Festival de Nadal
O
21 de decembro tivo lugar o festival de Nadal da asociación. Para min é
o primeiro! E comecei ao grande:
tocoume ser presentadora do festival xunto ao meu compañeiro Isaac. Os
dous estabamos moi nerviosos ao saír a presentar por vez primeira, mais,
segundo foron pasando as actuacións, todo foi fluíndo. Xuntos, entre
bambalinas, vimos os nervios e as présas de
última hora por parte dos participantes.
Puidemos desfrutar dunha actuación do coro moi acorde coa época do Nadal, con varias panxoliñas. Tamén
vivimos actuacións de acordeón, pandeireta, un monólogo, rondalla e baile.
Mentres se entregaban os premios dos torneos e se sorteaban as cestas de Nadal, nós aproveitamos para
cambiarnos de roupa, xa que era a nosa quenda de actuar con Rosa e as nosas compañeiras de baile.
Comezamos con algún que outro incidente, xa que non ía o equipo de música, mais nada que non se puidese
solucionar. Os meus compañeiros e mais eu démolo todo e, pola miña parte, quedei con gañas de bailar un par de cancións máis.
Mais a festa non quedou aí: no local xuntámonos para beber, comer e continuar a desfrutar un bocado
máis.
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
Marta Calviño
XVI Memorial Pepe Valiña. Baio (Zas)
Un ano máis celebrouse o festival Pepe Valiña.
Para min, a primeira vez que teño o pracer.
Na cabeza o pensamento de que por mor da chuvia, non se ía celebrar... Ou que a xente non ía querer
ir!
Mais que va... quen dixo medo!
e aí fomos, aínda que parecía que caía o diluvio ese día.
A
igrexa de Baio albergou a máis de catrocentas persoas que desfrutaron
do festival, onde cancións sacras
e laicas desbordaban as paredes do templo. As máis celebradas por todos
foron as panxoliñas, non só por estarmos en decembro, senón polo
espírito que nos facían sentir.
O festival foi sobrio, mais ameno, onde voces novas e vellas fixéronnos emocionar.
Unha vez o traballo feito, era hora de relaxarse e desfrutar dunha cea deliciosa, en boa compañía e
amenizada ao final con cantigas populares, que fixeron as delicias de todos.
Pasámolo
pipa. Calquera diría que xa pasada a media noite aínda quedaban forzas
para seguir a festa
no autobús. Pero así son as xentes que forman parte de esta agrupación:
traballadoras e responsábeis, pero tamén alegres e dicharacheiras
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
Christopher John.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)