17 dic 2022

Show-cooking 3 de decembro

O pasado sábado 3 de decembro, xuntámonos no local entre 15 e 20 persoas para gozar do show-cooking do chef Jose Ramón Riestra o cal ensinounos a facer: Mexillóns con mollo de lima, risotto de cogumelos, trigueiros e gambas, pescada á sidra, solombo de porco ao estilo oriental e tiramisú.


Foinos explicando como facer cada unha das elaboracións ao mesmo tempo que podiamos ir degustando despois de cada un delas. Foi un auténtico pracer. 


Asemade, foi respondendo a todas as dúbidas que ían xurdindo tanto do que estaba a cociñar como de calquera outra cousa, como por exemplo, como saber se un prato estaba salgado ou non (a pesar de que Olga o poida facer soamente mirando...).


Tamén queremos agradecer a Ángeles Barragués que foi buscar a súa casa unha bandexa para poder meter nela a elaboración do dolce e tamén pola botella de viño que trouxo que fixo as delicias duns cantos.
Xa estamos desexando que chegue a seguinte demostración gastronómica!!


 
Leticia Riestra Ainsua
 
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

 


17 nov 2022

  Comida “de traje" inicio curso 2022-2023


E por fin, despois do parón por mor da pandemia, retomamos o inicio dun novo curso con toda normalidade. Loxicamente, iso implica a nosa xa tradicional “comida de traje”, porque “yo traje tortilla, yo traje ensaladilla rusa...”.

Se ben o quórum desta vez non foi moi elevado, os asistentes gozamos igualmente dos pratos elaborados (e tamén dos comprados!!) ademais de pasar un rato divertido bailando co DJ Loureiro (aqueles marabillosos anos); e tamén cos nosos cantos tradicionais acompañados coas guitarras de David e máis da miña. Botábase de menos pasar estes ratos coa familia Tanxedoira así que espero con gañas que veña a seguinte e oxalá sexamos moitos máis.. 

 


Leticia Riestra Ainsua
 
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería